viernes, 28 de octubre de 2016

SAMAÍN / HALLOWEEN NA BIBLIOTECA

    Para conmemorar esta festividade, desde a biblioteca propoñemos varias actividades:

- Lecturas de medo: as lecturas presiden a entrada á biblioteca durante toda esta semana, ao alcance de todo o alumnado

- Exposición de cabaxas e outros obxectos terroríficos: os nenos e nenas do centro foron facendo e tamén traendo das súas casas cabazas, árbores fantasmagóricas, cemiterios, pantasmas, morcegos... para facer esta temible exposición

 - Certame de creación literaria e lectura en voz alta: este ano para o certame, había dúas posibilidades:

              Cal é a orixe desta celebración? Os nenos e nenas tiñan que facer unha proposta orixinal sobre a orixe desta celebración.

                "El cuarto prohibido" démoslle ao alumnado o principio desta historia e eles tiñan que inventar un novo final.

                  As historias gañadoras foron lidas polos seus propios autores na biblioteca ao resto do alumnado, á luz das terroríficas cabazas











- Elaboración de marcapáxinas: despois das lecturas fixemos un taller de elaboración de marcapáxinas con papeis de xornais e debuxos típicos destas datas




- Arañas moi vistosas: os alumnos de infantil fixeron estes fermosos gorros coas súas titoras, para convertir aos nenos e arañas moi alegres para axudarlles a superar así o medo que algúns deles tiñan a estes insectos.


- Truco o trato: e para rematar, non podía faltar o famoso trick or treat



No hay comentarios:

Publicar un comentario