sábado, 2 de diciembre de 2017

VIII XORNADAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

   Esta fin de semana tiveron lugar as VIII Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia; unhas xornadas que foron inauguradas por Román Rodríguez, Conselleiro de Cultura, Educación e O. U. e nas que participamos máis dun milleiro de mestres. 
 
    Nesta ocasión a Asesoría de Bibliotecas Escolares contou por segundo ano co noso centro para expor o noso traballo na parte referida a "Biblioteca escolar, base de exploracións" onde participamos coa presentación Queres argallar? Escornabots e espazo maker na biblioteca escolar de Sober que podedes consultar a continuación

  Queremos darlle as grazas á Asesoría de Bibliotecas por ternos escollido entre todos os centros que participan, pois esta elección é un orgullo para nós xa que recoñece o traballo que realizamos no eido das alfabetizacións múltiples, a robótica e os laboratorios creativos de aprendizaxe.

   Para min, como mestra encargada do proxecto, é unha honra representar ao colexio e compartir o noso traballo ante mestres de toda Galicia.
    Para rematar, desde o Equipo de Biblioteca queremos dar grazas a todas as persoas que colaboraron con nós na posta en marcha e funcionamento deste proxecto; sobre todo a Elías e Rocío, papás que voluntariamente viñeron durante boa parte do curso a traballar a linguaxe de programación co alumnado de Primaria de xeito desinteresado e que supuxeron un gran apoio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario