lunes, 17 de diciembre de 2018

POSTAIS CON LUZ

  As postais do alumnado de 5º e 6º de Primaria deste Nadal, son postais con sorpresa e moi creativas. 

    Cunha idea previa que sacamos do blogue Ese rincón del corazón de Manoli Picatua e reforzadas pola intervención de Paola Guimeráns nas Xornadas de Bibliotecas Escolares, decidimos argallar unhas tarxetas con luz.

    Necesitamos unha pila de botón, cinta de cobre adhesiva, leds, celo e o debuxo da postal por duplicado, un en tamaño folio para facer a postal e o circuíto eléctrico e outro para colorear.
  Poñemos dúas tiras de cinta adhesiva de cobre desde o punto no que queremos acender a luz ata o punto onde irán os leds. Unha das tiras debe ir dobrada sobre si mesma para que teña conductividade polas dúas caras de xeito que funcione como interruptor coa pila que se pegará sobre a outra tira que está totalmente pegada.
    No outro extremo das cintas pegamos os leds tendo coidado de que coincida a patiña negativa coa tira adhesiva que está en contacto co lado negativo da pila (neste caso nos puxemos a pila co lado negativo cara abaixo) e pegamos a pila e as patiñas do led con celo.
    Para que a tira adhesiva que funciona como interruptor non esté todo o tempo facendo contacto, poñemos tiras de cartón pluma cubrindo os lados da nosa postal.

   Unha vez que o circuíto está feito, pegamos o debuxo da postal que se vai a ver, picando previamente a parte que se iluminará e pegándolle papel celofán.
    Por último cubrimos os laterais dos anacos de cartón pluma con cinta dorada de Nadal e xa temos as nosas postais listas para iluminar as festas!!
   Ademais este ano, as postais teñen outro engadido: están escritas en verso!
 BO  NADAL!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario