sábado, 16 de febrero de 2019

REFORMAS NA BIBLIOTECA

     Na nosa biblioteca estivemos de reformillas para darlle máis espazo ao recuncho creativo.

   Como non temos para onde ampliar a biblioteca, o que fixemos foi reorganizar o espazo aproveitando unha especie de L que fai na parte de diante: cambiamos o encerado dixital, trasladamos os ordenadores, movemos as estanterías e os materiais e grazas á axuda económica da ANPA puxemos tarima flotante.



    No novo Queres argallar? encóntranse os materiais de robótica e impresión 3D pero tamén un montón de materiais para poder desenvolver a creatividade, o inxenio, a capacidade de exploración, a orientación espacial...


  E unha vez que xa tivemos o espazo preparado, só quedaba presentarllo ao noso alumnado e que empezasen a argallar... Desde o Equipo de Biblioteca queremos agradecer a ANPA a súa donación económica que nos permitiu poñer a tarima flotante.


No hay comentarios:

Publicar un comentario