lunes, 9 de diciembre de 2019

CONSTITUCIÓN E ESTATUTO DE AUTONOMÍA

    Durante a primeira semana de decembro conmemorouse a Constitución e o Estatuto de Autonomía de Galicia.

   Despois de coñecer que son e en que consisten cada unha delas; comezamos a facer a nosa propia Constitución: a Constitución do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme.

   Este ano redactáronse e aprobáronse en sesión plenaria os 8 artículos que conforman o Título Preliminar.

Artículo 1: O colexio de Sober constitúese en institución social e democrática que defende como valores superiores a liberdade, a xustiza, a igualdade, a educación e a solidariedade.
2. A soberanía do cole reside na directora Montse da que saen os poderes dos profes.
3. A forma educativa do cole de Sober é o traballo cooperativo.

Artículo 2: A constitución é para que todos sexamos iguais. É un documento para todos os soberinos e soberinas e recoñece e garante o dereito á educación dos alumnos e alumnas do Concello de Sober e a solidariedade entre todos eles.

Artículo 3: O galego, o castelán e o inglés son as linguas oficiais deste colexio. Todos os alumnos e alumnas teñen dereito a usalas e deber de coñecelas. Temos que coidar e respectar aos demais alumnos e aos materiais do colexio.

Artículo 4: A insignia do colexio de Sober é Lectuvín, un acio de uvas morado que está lendo un libro. Utilízase na biblioteca, na radio e en todas as actividades relacionadas con elas.

Artículo 5: A capital do Concello está na vila de Sober e ten moitas parroquias: Amandi, Anllo, Barantes, Bolmente, Brosmos, Bulso, Canabal, Doade, Figueiroá, Gundvós, Liñarán, Lobios, Millán, Neiras, Pinol, Proendos, Refoxo, Rosende, San Martín de Anllo, Santiorxo e Vilaoscura.

Artículo 6: cada curso ten a súa propia opinión ou pensamento expresando o que pensa cada alumno. Os nenos e nenas de cada curso teñen o dereito a expresar a súa opinión e facer o que queiran sempre co deber de comportarse ben e respectar. Todos somos iguais.

Artículo 7: O profesorado deberá axudar aos alumnos a que cumpran os seus dereitos. Debemos opinar democraticamente nas actividades que vaiamos a facer no colexio.

Artículo 8: Temos dereitos pero tamén temos deberes como respectar e ser educados. Se facemos estes deberes, teremos como recompensa unha actividade. A actividades faranse todos xuntos sen deixar fóra a persoas polo seu xénero ou aparencia. Os castigos non poderán afectar á nosa integridade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario