En 1992 a Asamblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o 3 de decembro como Día Internacional das Persoas con Discapacidade con fin de promover os seus dereitos e o seu benestar en todos os ámbitos da sociedade e concienciar sobre a súa situación.
Este ano, o día céntrase no empoderamento destas persoas para un desenvolvemento inclusivo, equitativo e sonstenible como pide a Axenda 2030 que se compromete a "non deixar a ninguén atrás".
Nós quixemos sumarnos a este obxectivo axudando a concienciar ao noso alumnado con dúas actividades. Para comezar, os biblioaxudantes Laura e Xoán leron o libro Por cuatro esquitas de nada de Jérôme Ruillier.
Neste libro, Cuadradito non pode entrar na casa grande porque ten unha porta redonda.
Despois de moito intentalo e incluso pensar si cortarlle as esquinas a Cuadradito; os Redonditos decicidiron que o problema non era del se non da porta e, por iso, ampliáronna con 4 esquiniñas de nada solucionando así o problema.
Despois de moito intentalo e incluso pensar si cortarlle as esquinas a Cuadradito; os Redonditos decicidiron que o problema non era del se non da porta e, por iso, ampliáronna con 4 esquiniñas de nada solucionando así o problema.
Despois os nenos e nenas realizaron un circuíto no que tiñan que enfrontarse a probas que se relacionaban con diferentes discapacidades: nunha non podían falar, nas seguintes levaban antifaces para non ver, noutras non podían utilizar as mans e na última tiñan dificultade para andar polo que debían usar muletas ou cadeira de rodas.
Esperamos que estas actividades fagan que o noso alumnado reflexione e, se queredes, vós tamén podedes escoitar un resumo das actividades de hoxe e escoitar o conto Por cuatro esquinitas de nada na seguinte emisión de Radiuvín:
No hay comentarios:
Publicar un comentario