Grazas a participación da nosa biblioteca no Proxecto Radio na biblio, temos un orzamento específico para a formación do alumnado.
Este ano o obradoiro de formación foi impartido pola autora e narradora Charo Pita e realizouse respectanto todas as medidas sanitarias
derivadas do Covid polo que tivemos que repartir ao alumnado
en varios grupos.
Os alumnos e alumnas traballaron diferentes contidos: a correcta posición do corpo e do texto, o ritmo na lectura, a importancia das pausas e dos silencios, como contar unha historia, como construír un personaxe coa voz, a transmisión de emocións e coñeceron algúns instrumentos para crear efectos especiais.
Para rematar este día o alumnado tamén puido disfrutar das narracións de Charo Pita comprobando como se poñen en práctica todos os consellos e todas as pautas que lles deu nos obradoiros de formación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario