Por terceiro ano a Asociación de Nais e Pais do colexio a través das axudas da Secretaría Xeral de Igualdade, organizou o proxecto Masa Nai para promover a coeducación.
Para esta terceira parte a ANPA volveu a contar coa cooperativa Outonía o que permitiu unha continuidade efectiva do proxecto xa que desenvolveron o proxecto a partir do aprendido o ano pasado.
Para levalo a cabo os cursos agrupados por ciclos asistiron aos obradoiros realizados na biblioteca mergullándose nunha selección de contos e actividades que lles permitiron falar e reflexionar sobre a igualdade.
Durante as actividades tamén fixeron un traballo de reflexión en torno á ruptura de estereotipos de xénero e á sensibiblización e educación en favor da igualdade favorecendo o bo trato entre as crianzas, fomentando o pensamento crítico e previndo condutas machistas.
Esperamos que estas actividades nos axuden a construír un futuro no que non existan diferenzas derivadas da identidade de cada persoa.
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
No hay comentarios:
Publicar un comentario