ACABAMOS DE RECIBIR UN NOVO PROGRAMA DESTE PROXECTO COLABORATIVO QUE REALIZAMOS CO CEIP DE A POBRA DO BROLLÓN.
NESTA OCASIÓN XS COMPAÑEIRXS DESTE COLE FÁLANNOS DAS FESTIVIDADES DO SEU CONCELLO... QUE GANAS DE QUE ESTE COVID NOS DEIXE RESPIRAR E POIDAMOS VOLVER A GOZAR DAS FESTAS E DAS ROMARÍAS!!
A CONTINUACIÓN DEIXÁMOSVOS A SÚA RESEÑA E O ENLACE Á EMISIÓN:
Por fin reanudamos o noso proxecto colaborativo de radio na biblio cos compañeiros do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober.
Moitos
foron os atrancos no camiño pois estes cursos están a ser duros e por
riva convivimos con obras no centro durante todo o primeiro trimestre.
Invadiunos o pó, os ruídos, as mudanzas continuas de aulas... e a
COVID-19 que non nos da abandonado...
Todo
isto alterou a vida do centro...e nós non queremos perder as actividades
que nos gustan así que en canto foi posible retomamos este proxecto que
sempre nos leva a investigar, recopilar informaión, compartila... e que
tanto nos gusta.
Nada
mais comezar o curso, en outubro, xs nenxs de quinto e sexto
escoitabamos de novo o programa dos nosos compañeiros no que nos falaban
dos rios que surcan o concello de Sober e que compartimos algúns como o
Cabe e o Sil. Moitas son as semellanzas que imos descubrindo e moitas
tamén as singulariedades...
A súa pregunta agora versa sobre as festas. Pois si que tivemos traballo, porque neste concello somos moi festeiros!!
Encantounos
este tema. Esta vez as nosas fontes de información foron as familais
coas que descubrimos tamén como foron evolucionando estas
celebracións... e consultamos a páxina web do concello.
Se
queredes coñecer as nosas festas, que son moitas, e algunhas moi
interesantes e de valor patrimonial, que nos axudan a coñecer, lembrar e
conservar a nosa historia escoitade o noso programa de radio Guímaro no
que por fin! un día estivemos todos e puidemos grabar!!
UN PROGRAMA MOI INTERESANTE QUE DEIXA O CORPO CON GANAS DE TROULA!