viernes, 24 de abril de 2015

EXCURSIÓN A FERREIRA DE PANTÓN

    Comezamos a excursión cun invitado inesperado: a choiva! Así que tivemos que cambiar o programa establecido.
 
   A  primeira visita foi ao Mosteiro das Bernardas, o único mosteiro cisterciense feminino que mantivo vida relixiosa continuada desde a súa fundación ata a actualidade. Nel os nosos alumnos e alumnas puideron coñecer de primeira man o que significa a vida monacal.  (Máis información sobre o Mosteiro)


Paramos  un momento en Pantón y entramos en el patio de un convento. 
No hay nadie; reina el silencio y la soledad.  

(Pio Baroja, Reportaje)

los ríos–el Sil, el Cabe, el Miño- pasan pero la tierra permanece. Esta es tierra benedictina, parcela preciosa de la Ribeira Sagrada: Santa María de Ferreira, San Miguel de Eiré, Santo Estevo de Atán, San Vicente de Pombeiro, San Fiz de Cangas. Aquí fueron las dulces abadesas de antaño:  vienen los féminos nombres, como flores coloradas, en las donaciones de antaño: Ximena, abadesa de Ferreira, Aldonza, abadesa de Eiré, y doña Elvira, abadesa de San Fiz…”Mais oú sont les neiges de Atán” ¿Donde están, Virgen soberana? Acaso en la noche, sumergiéndose en el enorme silencio como la redonda luna en las aguas del Miño, sin romperlo ni mancharlo, oís las cristalinas voces del tiempo pasado en Ferreira de Pantón, si os acercáis a la clausura bernarda, junto  a las voces de las monjas de divinas palabras; solamente una monótona salmodia lejana. El gregoriano es como un mar y en él, como olas que van y vienen, comunal destino, se pierden los labios y los nombres: Aldonza, Ximena, Elvira…
 
                                  Álvaro Cunqueiro, “Julio en la Ribeira Sagrada”, en El pasajero en Galicia
 
 

    Para a segunda visita dirixímonos a San Miguel de Eiré un dos conxuntos románicos mellor conservados de Galicia; declarado monumento nacional en xuño de 1964. Do antigo mosteiro, consérvase a igrexa que pertence a segunda metade do s. XII (Máis información sobre S. Miguel de Eiré)
     A continuación un momento de descanso para merendar e coñecer aos alumnos do CEIP Monte Baliño.
 
    
    Despois da merenda e a primeira toma de contacto, pasamos ao contacontos Babamor no que a actriz Larraitz Urruzola nos contou diferentes historias de amor envoltas en toneladas de cariño: ollos que miran a outros ollos, cóxegas e paseos por xardíns de bolboretas. 

    Esta actividade pertence ao programa Ler conta moito da Rede Galega de bibliotecas.

 
     Para rematar a excursión, momento de confraternidade cos nosos compañeiros do colexio de Ferreira: xantar e xogos.
 
    E así chegamos ao final, despedíndonos ata un novo encontro

No hay comentarios:

Publicar un comentario