jueves, 23 de abril de 2015

DESDE O MAR Á FARMACIA

   De novo contamos na nosa biblioteca coa presenza de María Isabel Nieto Prieto, farmacéutica en Sober.

   Esta vez ofreceulles aos alumnos e alumnas de 1º e 2º de Primaria unha charla científica axeitada ao seu nivel de coñecemento sobre produtos naturais de orixe marítimo con actividade farmacolóxica: "Desde o mar á farmacia"
 
    
    Durante este charla divulgativa o alumnado tivo oportunidade de descubrir moitas datos sobre a investigación en laboratorios, e a continuación puideron dialogar, preguntar, aclarar dúbidas...directamente coa nosa ponente; incluso reflexionar sobre que eles poden ser futuros investigadores .
 

   Tamén puideron levar a cabo unha actividade práctica: elaboración de Sales de baño para o que tiveron que seguir correctamente as nocións e as medidas indicadas por María Isabel tanto no proceso de elaboración como no envasado e etiquetado achegándose así ao método científico.







    Aos nenos e nenas gustoulles moito utilizar colorantes como os das piruletas e pensar que a ciencia está presente na vida diaria sen que tomemos conciencia dela.



   Unha vez as sales están listas só falta completar as etiquetas e disfrutar dun baño relaxante e hidratante con elas.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario