miércoles, 29 de abril de 2015

O NOSO HORTO: presentación do proxecto

    Como sabedes, este ano o programa Voz Natura no que participa o noso centro ten como lema Sementa ideas, recolle futuro.  

    Este lema, pareceunos un bo punto de partida para que investiguedes sobre a agricultura: tipos de cultivos, produtos ecolóxicos, pesticidas químicos e naturais...

    Realizaremos esta investigación a través de tres miniquest que vos presentamos a continuación:

   Coa primeira miniquest empezaredes por averiguar cales son os produtos que cultivamos no noso horto  buscando resposta as seguintes preguntas:
Que é unha verdura?
Que é unha hortaliza?
Cal é a diferenza entre elas?

http://phpwebquest.org/newphp/miniquest/soporte_tabbed_m.php?id_actividad=120840&id_pagina=1
 
    Coa segunda miniquest investigaremos sobre os produtos ecolóxicos
Que son? 
Cales son as súas vantaxes? 
E os inconvintes?

http://phpwebquest.org/newphp/miniquest/soporte_tabbed_m.php?id_actividad=120847&id_pagina=1

   Na última miniquest averiguaremos moitas cousas sobre os pesticidas:
Que é un pesticida?
Cales son es pesticidas naturais ou biolóxicos?
Preparación de pesticidas naturais

http://phpwebquest.org/newphp/miniquest/soporte_tabbed_m.php?id_actividad=120979&id_pagina=1

No hay comentarios:

Publicar un comentario