miércoles, 8 de junio de 2016

LOLA DE PENELAS: ILUSTRACIÓN DO CONTO

Xa temos rematada a nosa ilustración para o conto María Castaña. Unha muller para o 8 de Marzo.

No noso centro tocounos ilustrar o seguinte texto:

Daquela - eu nacín en 1886 - non tiñamos nin luz; por ter, nin onde facer as nosas necesidades, a non ser na corte das vacas, no galiñeiro ou nas árbores da contorna. Éravos así, non é coma agora!
Na nosa casa non había fartura, pero sempre había pan ou caldo para lle dar unha cunca aos pobres que viñan pedir pola aldea. Porque o meu pai era cacharreiro, e nunca faltaba o traballo. Xa sabedes a cantiga popular:
Ao pasar por Gundivós,
o primeiro que se ve,
son as olas a secar
e os fornos a cocer”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario