Para montar a placa base coas seguintes pezas necesitarás unha estación de soldadura a 300 º e estaño de 1 mm
Comezaremos colocando as resistencias de R2 a R6. Unha vez introducidas no seu lugar, soldamos por detrás:
Cando as teñamos todas listas, cortamos o arame sobrante:
A continuación soldamos os botóns de S1 a S5
XA TEMOS LISTA A PLACA BASE!!
Para colocala no seu lugar, poñémola na parte superior do escornabot seguida das outras pezas da botoneira e suxeitamos todo cos dous parafusos máis longos tendo coidado de respectar o burato para as conexións que faltan:
No hay comentarios:
Publicar un comentario