Despois de que o alumnado de 1º e 2º de Primaria traballara con Scratch Junior, agora é a quenda dos nenos e nenas de 3º e 4º. Estes alumnos traballarán coa plataforma Scratch para aprender fundamentos básicos de programación dun xeito sinxelo.
O primeiro que nos explican Rocío e Elías é que é programar e onde podemos atopar programación hoxe en día: ordenadores, electrodomésticos, semáforos...
A continuación explicáronnos cales son as ordes básicas deste programa a través dunha aplicación práctica con todos os nenos e nenas da clase.
Despois de familiarizarnos coas ordes e a súa representación pasamos aos ordenadores onde comezan a traballar con fondos, cambio de personaxes e da súa apariencia...
ESTAMOS DESEXANDO QUE CHEGUE A SEGUINTE SESIÓN!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario