Hoxe tivemos no centro a visita da escritora e ilustradora Estefanía Padullés quen nos veu a presentar o seu libro Max e Lea.
Foi moi interesante ver como mentres nos contaba a historia deste dinosaurio que tiña medo á escuridade, ía debuxando aos personaxes do conto.
Ademais tamén puidemos desfrutar das ilustracións orixinais feitas con acuarela e masilla para acadar relevo.
Antes de marchar, Estefanía aínda tivo tempo de firmar no libro da Biblioteca e adicarnos o noso exemplar de Max e Lea.
MOITAS GRAZAS, ESTEFANÍA!!
UN PRACER CONTAR CONTIGO NA BIBLIOTECA!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario