sábado, 31 de octubre de 2020

SAMAÍN 2020

    Cada ano, cando chega o   Samaín ou Halloween  propoñémoslle ao noso alumnado diferentes actividades. 


    Nesta ocasión, a pesar do coronavirus, tamén quixemos conmemorar esta data aunque de forma un pouco diferente polo que a exposición de cabazas e outros obxectos terroríficos cambiámola por un vídeo terrorífico con imaxes dos nenos e nenas que quixeron participar e dalgunhas das súas cabazas... Mirade atentos!!



  Outra das actividades foi unha nova edición do  Certame de creación literaria terrorífica  para alumnado de 3º a 6º de Primaria no que lle damos ao alumnado o principio dun libro que debe continuar. Este ano os libros foron  Pápote a bicos  de Carmen Gil para 3º e 4º de Primaria e  Mortiña e o amigo pantasma  de Barbara Cantini para 5º e 6º de Primaria:  

  A participación no certame deste ano foi moi numerosa polo que iremos subindo os relatos pouco a pouco. Hoxe comezamos coas historias de Darío (4º de Primaria) e Lucía (5º de Primaria).

 

 

  DESEXÁMOSVOS  UN  TERRORÍFICO  SAMAÍN!!! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario