viernes, 2 de octubre de 2020

RADIO BULE BULE

 Hoxe os nenos e nenas de Primaria puideron gozar do espectáculo RADIO BULEBULE baseado no libro-disco do mesmo nome de Paco Nogueiras (Ed. Kalandraka).

     Neste espectáculo de animación á lectura, simúlase a emisión dun programa de radio en directo combinado con cancións moi divertidas mentres imos pasando polas diferentes seccións: deportes, servizos informativos, moda, o tempo meteorolóxico...


  E, para rematar, despois de tanto bailar e cantar o autor deixounos "Apertas brincadeiras para todos os lectores e lectoras do CEIP Virxe do Carme de Sober"

MOITAS  GRAZAS  AO  CONCELLO  DE  SOBER 
POR  OFRECERNOS  ESTA  ACTIVIDADE  TAN  DINÁMICA  E  DIVERTIDA
A  TRAVÉS  DO  PROGRAMA  CULTURA  NO  CAMIÑO!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario