Como a maioría das cousas este curso, a inauguración da biblioteca que facemos sempre por este día tamén tivo que ser diferente.
Comezamos coñecendo o novo protocolo de acceso á biblioteca co vídeo elaborado polos biblioaxudantes de 4º de Primaria que cursan a materia de Investigación e Tratamento da Información de 4º de Primaria.
Un resumo deste protocolo permanece exposto na porta da biblioteca para que a ninguén se lle esquezan as novas normas que temos que cumprir.
Respectando os grupos burbulla e as medidas de seguirade establecidas, tamén levamos a cabo unha formación de usuarios inicial na que recordamos aspectos básicos da organización da biblioteca como a CDU e os máis cativos do cole puideron achegarse a ela e coñecer materiais da biblioteca creativa como as tablillas KAPPA coas que fixeron un montón de torres e mesmo as iniciais do seus nomes.
Despois da formación de usuarios, cada grupo puido escoller varios libros para encher a caixa da súa biblioteca de aula xa que este ano a Hora de Ler non se poderá facer na biblioteca e cada grupo farao na correspondente titoría.
Esta caixa xa contaba con varios libros escollidos polos mestres pero que eles poidan engadir parte das lecturas é unha motivación extra.
Polo Día da Biblioteca tamén facíamos todos os anos unha visita á Bibliteca Pública Municipal. Nesta ocasión íamos a presentar o libro infantil Troitiña ilustrado por varios nenos e nenas do colexio na actividade Merendas con Contos da BPM xa que en xuño non se puido facer unha presentación á que asistiran xs ilustradorxs; pero debido ás novas restriccións esta presentación tivo que ser virtual a través dun vídeo.
Neste vídeo interveñen Ada de Agrasar Editores; o autor, Antón Valcárcel, e os alumnos/as de 3º de Primaria que fan unha lectura das primeiras páxinas do libro. Ademais ao final podemos ver un resumo en imaxes do proceso de ilustración.
Para rematar fixémoslle entrega aos biblioaxudantes do ano pasado dunha mochila - agasallo que envían desde o programa de Voluntariado e do correspondente diploma oficial. Como esta entrega non se puido facer a final do curso pasado queda pendente a entrega aos biblioaxudantes que o ano pasado estaban en 6º de Primaria e este ano xa están no instituto. Esperemos que a situación sanitaria mellore e poidamos facerllos chegar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario