lunes, 22 de febrero de 2021

BIBLIOTECA CREATIVA: OBRADOIRO AUDIOVISUAL

  Dentro do programa Biblioteca Creativa, recibimos no centro un obradoiro audiovisual para o alumnado de 3º a 6º de Primaria das mans de GINGKO - COMUNICACIÓN E EDUCACIÓN para aprender a elaborar un booktrailer.

   Antes do obradoiro o alumnado tivo que escoller un libro que lle gustase ou lle parecese interesante, elaborar un pequeno resumo sen chegar a contar o final e decidir que obxectos utilizarían para traelos o día de realización do obradoiro.
 

    

   Durante a actividade o primeiro foi coñecer o formato booktrailer

 
    Despois aprenderon a transformar os seus resumos previos nun storyboard e secuenciar os procesos que ían a levar a cabo
 



 
   A continuación realizaron todo o proceso de gravación e edición coas tablets utilizando diversas técnicas como croma, stop motion, gravación de vídeos...
 




   Para rematar utilizaron un programa de edición para unir as fotografías, os vídeos e as animacións coa súa voz en off e a música de fondo. ... todo o necesario para elaborar uns booktrailers moi divertidos e animados que vos deixamos a continuación:

XINFU na maldición guau chucky (Adrián Morgade)
 
   Xinfu e Wini son dous cans que levan unha vida tranquila na casa do seu dono, mais todo cambia cando Wini atopa un óso enterrado no seu xardín...
 
 
 
El gran libro de los deportes (Marina Invernizzi, Silvia Cavenaghi e Camila Pelizzoli) 
 
Gústache o deporte? Se a túa resposta é si, este marabilloso libro é perfecto para ti.
 
  

  MOITAS  GRAZAS  AO  EQUIPO  DE  GINGKO  E  AO  PROXECTO

BIBLIOTECA  CREATIVA  POR  ESTE  OBRADOIRO!!

Para ver máis imaxes deste obradoiro... GALERÍA  DE  IMAXES

No hay comentarios:

Publicar un comentario