En 1948 a 
OMS (Organización Mundial da Saúde) proclamou o 
7 de abril como 
Día Mundial da Saúde co obxectivo de crear 
conciencia sobre as enfermidades mortais mundiais e crear hábitos 
sans nas persoas. Tamén a 
Axenda 2030 propón 
Saúde e Benestar como un dos seus obxectivos.
  A través dos Servicios Sociais do Concello de Sober, tivemos unha actividade da FEGADACE (Federación Galega de Dano Cerebral Adquirido) enmarcada dentro da campaña de sensibilización e información sobre esta discapacidade que afecta a unhas 35.000 persoas en Galicia. 
 
  Para isto achegáronse á nosa biblioteca 
Elisa López (Neuropsicóloga) e 
Nerea Darriba (Terapeuta Ocupacional) de 
ADACE (Asociación de dano cerebral sobrevido/adquirido de Lugo) e 
Carla Miranda (Traballadora Social) de FEGADACE.
   Nesta actividade, o alumnado de Primaria aprendeu que o dano cerebral adquirido é a discapacidade que resulta dunha lesión no cerebro causada por ictus, traumatismos, tumores, enfermidades como a meninxite, enfermidades neurodexenerativas... é algo que se produce de repente e que afecta a persoas que tiñan unha vida normal e a partir dese momento pasan a ter unha vida con limitacións.
		     As consecuencias deste dano cerebral adquirido poden afectar a actividades básicas como asearse, vestirse, controlar esfínteres ou desprazamentos, comer... ou a actividades instrumentais como facer a compra, usar o transporte público, traballar... 
    Para que xs nenxs tomasen conciencia sobre estes aspectos tamén realizaron actividades prácticas que lles axudaron a comprender o alcance destas limitacións:
intentar atar os cordóns ou desvestirse cunha soa man
 utilizar diferentes aparatos de apoio para a limitación física de desprazamento
 
camiñar sen ver, guiados por un compañeiro/a
   Despois desta charla quedounos moi ben aprendida a importancia de coidar do noso cerebro así que xa sabedes: ALIMENTACIÓN  EQUILIBRADA, DEPORTE  E  DESCANSO  SUFICIENTE!!
 Podedes ver máis imaxes desta actividade na
GALERÍA  DE  IMAXES