O cartaz que acompañará as bibliotecas escolares de Galicia neste curso 
 "Representa unha obra teatral do poema de Xohana Torres "Eu tamén 
navegar", no que Penélope (da Odisea) deixa o tapiz que traballa e 
desfai e sae a vivir aventuras. Despois ao regreso remata o tapiz 
engadíndolle novos elementos da súa viaxe (o tapiz que hai detrás da 
nena que está a leer a obra teatral)" segundo indica a súa autora, a 
ilustradora e muralista Xoana Almar. 
     Unha imaxe enraizada no cartelismo galego que abre as portas a traballar
 o teatro en todas as súas variantes. As nosas bibliotecas escolares 
saen a escena para ler, interpretar, radiar, escribir e gozar co TEATRO.
