miércoles, 9 de febrero de 2022

CIENCIA EN MOVEMENTO

   A través da modalidade CPinclúe (5.2 IGUALA-T) dos Contratos programa achegáronse á nosa biblioteca os científicos de Ciencia en Movemento para realizar o obradoiro MULLERES  INVENTORAS no que falamos de ciencia, inventos e mulleres baixo o lema "prohibido non tocar".

     Con eles coñecemos algúns inventos creados por mulleres pioneiras que conseguiron superar dificultades e facer contribucións moi importantes ao mundo da ciencia, da física, da química, da tecnoloxía... de xeito que a nosa vida diaria non sería a mesma sen elas.


      Por exemplo, sen  Katharine Blodgett  que inventou os  cristais anti reflectantes  e foi a primeira muller en doctorarse en Física na Universidade de Cambridge non poderiamos usar gafas, nin cámaras de fotos, nin telescopios...


 

   Cos seus coñecementos de mecánica e enxeñeiría,  Josephine Cochrane  fixo realidade unha idea que xa estaba patentada por Joel Houghton: o  lavalouzas. Desde 1983 multitude de fogares e de restaurantes teñen este electrodoméstico nas súas casas.

  Nós aproveitamos para coñecer as propiedades do xabón e ver como a suciedade escapa del!

 


    Un obxecto que tamén se utiliza bastante é o "Mistake Out" ou  típex  inventado por  Bette Nesmith Graham, unha mecanógrafa que creou en  1956  unha mestura de auga e pintura branca para corrixir pequenos erros en papel de forma rápida e eficaz. Despois de que a marca IBM rexeitara comercializalo, decidiu vendelo desde a súa propia casa co nome Liquid Paper.

    Grazas a  Melitta Benz  podemos tomar un café sen impurezas xa que esta ama de casa alemana ideou o  filtro de café  para poder tomar unha taciña del sen posos nin outros restos. Ademais fíxoo a partir dunha folla de papel secante dun caderno de exercicios do seu fillo!

  Neste obradoiro utilizamos o filtros de café para experimentar coa cromatografía e ver como dunha pinga de tinta, aparece unha flor.


      Ángela Ruiz Robles  é unha española que foi a  precursora do libro electrónico  xa que inventou unha enciclopedia mecánica coa finalidade de transmitir coñecementos de forma interactiva con bucinas, luces, pulsadores e complementos móbiles para facer máis a aprendizaxe máis participativa e atractiva.

     Amanda Jones  estaba preocupada pola conservación da comida. Despois de facer varias probas, no s. XIX, conseguiu eliminar o aire dunha lata de conservar inventando así o  envasado ao vacío  sen cociñado previo dos alimentos que patentou co nome "O proceso Jones". Ademais fundou unha empresa de envasado e conservas onde todas as directivas, oficiais e empregadas eran mulleres agás un home que era o encargado de acender a caldeira.

    No obradoiro "envasamos ao vacío" unha chuche que quedou esmirradiña de todo.


    Unha muller que inventou algo imprescindible para o mundo automobilístico foi  Mary Anderson  xa que o  limpiaparabrisas  é obra súa e desde 1916 todos os coches incorporan esa especie de brazo mecánico que limpa as gotas da choiva.

    Imaxinádesvos un coche sen limpaparabrisas? Sería imposible conducir baixo a choiva...

 
   Con todos estes experimentos e algúns máis o alumnado puido entender conceptos como a presión atmosférica, comprobar como un billete poder arder sen queimarse e observar como os raios dunha lámpada de plasma seguen os seus movementos.
 
 
 
 






No hay comentarios:

Publicar un comentario