lunes, 17 de junio de 2024

OBRADOIRO VOLUNTARIADO DE LECTURA - A

   Como xa anunciamos, xunto a outras nove bibliotecas escolares, o equipo de Biblioaxudantes do noso centro foi seleccionado na convocatoria de Voluntariado de Lectura - A para o curso 2023 - 2024  na que se lle recoñece o traballo de colaboración que veñen desempeñando os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria nas bibliotecas escolares de forma voluntaria en actividades de xestión, organización e lecturas compartidas dentro do centro.

    Por esta selección, recibimos no centro un obradoiro de Pablo Otero "Peixe" escritor, ilustrador e pintor galego nado en Ourense co que realizaron dúas actividades diferentes.

    A primeira actividade consistiu na realización de ideogramas que son imaxes ou símbolos que representan unha idea. O reto era conseguir representar o significado dunha palabra utilizando as letras que a forman como Pablo nos mostrou nestes exemplos.


  Partindo das ideas propostas, os biblioaxudantes recibiron varias palabras ao azar e estes foron algúns dos resultados:

   A segunda parte do reto consistía en facer o mesmo cos seus nomes: intentar representar algo da súa personalidade coas letras dos seus nomes e... vaia imaxinación teñen estes biblioaxudantes!

 

    A segunda parte do obradoiro foi o xogo Liso - Rizo, un xogo que explora a diversidade de talentos e habilidades de todo o grupo para aprender a perder e tamén aprender a gañar.

    Realizando probas moi divertidas, o xogo serviunos para reflexionar sobre a importancia da convivencia e do respecto aos compañeiros e sobre a resolución pacífica de conflictos.


MOITAS  GRAZAS  Á  ASESORÍA  DE  BIBLIOTECAS  ESCOLARES  E  A  PABLO  OTERO  POR  ESTE  OBRADOIRO  QUE  RECOÑECE  O  LABOR  DOS  BIBLIOAXUDANTES!!
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario