Na última sesión de As familias contan do ano 2024, estiveron na biblioteca Manuel Vázquez e a súa nai Noelia para compartir con nós o libro Ava e Papá Noel, de Maren Tjelta Thu.
Este libro é un álbum ilustrado que, a modo de calendario de advento, narra o que Alva e a súa familia fan durante esta época do ano.
Entre eles decoran, empaquetan agasallos, escriben postais, fan manualidades, aldeas de xenxibre e doces típicos do Nadal...
Pero no medio de tanta actividade, Alva decátase de que Papá Noel entrega agasallos a todo o mundo e ninguén lle dá un agasallo a el; por iso ela decide enviarlle un agasallo coa súa carta.
Cando Papá Noel recibe o agasallo ponse moi contento e encargarse persoalmente do regalo de Alva.
Finalmente chega Noiteboa e é tan marabillosa como Alva imaxinara xa que todos disfrutan alegremente deste día mentres Papá Noel observa silandeiro o feliz que fixo a Ana co seu agasallo.
Ademais da historia, este libro conta con retos diferentes para cada día que o noso alumnado puido resolver.
Se vós tamén queredes escoitar esta fermosa historia de Nadal, podedes facelo no seguinte podcast.
MOITAS GRAZAS POR ACOMPAÑARNOS UN ANO MÁIS
E BO NADAL PARA VÓS TAMÉN!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario