O 3 de decembro é o Día Internacional das Persoas con Discapacidade; un día que ten como finalidade concienciar sobre a súa situación e promover os seus dereitos e o seu benestar en todos os ámbitos da sociedade.
Esta obxectivo recóllese tamén nos obxectivos da Axenda 2030: Obxectivo 10: Redución das desigualdades.
No centro quixemos conmemorar este día realizando diferentes actividades ao longo da semana que axudaran ao noso alumnado a comprender as dificultades ás que estas persoas teñen que enfrontarse na súa vida cotiá.
Comezamos vendo un vídeo que explica que é a discapacidade:
Despois fixemos un traballo de reflexión sobre os tipos de discapacidade,os inconvintes que conlevan, os comportamentos adecuados ante persoas con algunha discapacidade...
Para rematar realizaron un circuíto no que tiñan que enfrontarse a probas que se relacionaban con diferentes discapacidades:
Realizar un percorrido cun antiface guiados por un compañeiro
Debuxar ou escribir coa boca ou cos pés,
Un partido de voley sentados sen poder moverse nin levantarse
Poñer e quitar unha chaqueta cun brazo inmobilizado
Levar un globo dun lado ao outro do pavillón en parellas sen utilizar as mans
Esperamos que estas actividades fagan que o noso alumnado reflexione sobre a situación destas persoas e as dificultades que teñen que superar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario