martes, 22 de abril de 2025

ANIMACIÓN Á LECTURA

   O martes de Pascua é festivo local en Monforte que é a cidade á que os nosos exalumnos teñen que ir ao instituto; por iso un grupo deles xunto con Ángel e Ainhoa; preparaon a lectura do libro De los amigos de antes... a  los amigos de ahora. Tus amigos, escrito por Nuria Roca.

  Un libro que nos fala do fantástico que é ter amigos cos que podes xogar, rir, atopar compañía para non sentirte só...

  Pero o protagonista do libro ten que mudarse de casa e ten medo de perder os amigos que tiña antes e non poder facer novos amigos agora.

   Así que neste libro Juan vai lembrando os amigos que tiña e o diferentes que eran: Javier ao que lle gustaba a aventura, Pablo que eras máis medroso, Ricardo que era moi mandón pero despois de pelexar sempre acaban perdoándose e rindo ás gargalladas... Menos mal que podían falar por teléfono e contarse todo o que non podían dicir en persoa!

    Tamén lembrou algunhas ocasións nas que non se sentía moi ben como cando algúns amigos murmuraban e contaban secretos deixándoo de lado.

     Aínda con todo Juan sentíase só así que os seus pais mercáronlle a Buck, un cadeliño, e levárono ao parque para que coñecese novos nenos e nenas.


      Agora Juan xa ten moitos amigos: os amigos novos nesta cidade máis os que tiña de antes; así que se tes que cambiar de colexio ou de cidade, non te preocupes; é doado facer amigos se segues os consellos de Juan: escoitar, compartir, preocuparse polo que senten os demais e non pasar todos os días criticando nin mandando.


   Podes escoitar toda a historia de Juan no seguinte podcast:


MOITAS  GRAZAS  POR  VIR  A  COMPARTIR  ESTA  LECTURA  DA  QUE  QUEREMOS  DESTACAR  A  SEGUINTE  CITA:

"Hay muchas formas diferentes de ser amigo. Puedes ser amigo de otro niño como tú, de una persona mayor, o hasta de un perro o un árbol.  Tener un amigo es algo muy especial, porque se trata de alguien a quien quieres y con el que te sientes a gusto, aunque no hagas nada espectacular.

Es posible que en algún lugar muy lejos de donde vives ahora haya un niño o una niña que será amigo tuyo dentro de unos años. O tal vez viva en la casa de al lado. ¿Te imaginas tener amigos en todo el mundo?"


No hay comentarios:

Publicar un comentario