viernes, 20 de noviembre de 2026

XIV SEMANA DA MÚSICA 2026: O VIOLÍN

     Cada 22 de novembro, con motivo da festividade de Santa Icía, patroa da música, o noso colexio énchese de sons e melodías para celebrar a súa semana máis musical.

    Esta iniciativa, que xa se converteu nunha tradición no noso centro, chega este curso á súa décimo cuarta edición e... como xa é habitual, escollemos un novo instrumento para convertelo no protagonista da Semana da Música.

    Ao longo destas trece edicións anteriores, pasaron pola nosa biblioteca instrumentos tan variados como o piano, o acordeón, os instrumentos tradicionais galegos, a guitarra, a frauta traveseira, diferenbtes instrumentos de percusión e mesmo a trompeta e outros instrumentos de vento metal.

    Nesta ocasión... cambiamos de familia musical! Deixamos atrás o vento para achegarnos aos instrumentos de corda e descubrir un dos seus representantes máis coñecidos e fascinantes: o violín!

    Para descubrir os segredos dos instumento protagonista, o alumnado tivo que activar as súas habilidades investigadoras durante toda a semana e conseguir resolver os retos que foron aparecendo na porta da biblioteca que se transformou nun novo espazo de aprendizaxe.

    Pero ademais de aprender investigando, o importante na música tamén e desfrutar do son polo que hoxe veu á biblioteca a violinista Aldara Otero para ofrecernos un concerto didáctico sobre o seu instrumento.



    Con ela aprendemos moitas cousas sobre o violín: a que familia pertence, as súas partes, como se produce o seu son, que é o pizzicato... e curiosidades como que algúns intrumentistas teñen que poñer unha almofada para tocar ou que a parte traseira da caixa de resonancia ten unha madeira máis grosa que a parte delanteira para que resista a tensión.

 

    E sabíades que aos violíns se lles pode poñer unha sordina de estudo na ponte para que soe moito menos?


     Ou que a parte do arco que freta as cordas está feito de pelos de cabalo? E que hai que darlles resina para que soe?


    Tamén nos explicou que o violín é o instrumento máis agudo da súa familia pero aínda así pode emitir sons agudos ou graves e para comprobalo fíxonos un xogo no que o alumnado tivo que estar moi atento e non perder detalle das notas que tocaba.


    E, por suposto, pudiemos escoitala tocar. Ela escolleu para nós un fragmento da Partita nº 2 de Bach que deixou a todo o alumnado abraidao. 

    Rematamos a actividade entregando os premios aos nenos e nenas que durante toda a semana se estiveron esforzando para resolver os retos propostos sobre o violín e que o fixeron moi ben! 

     Eles levaron un pequeno agasallo, un lápiz-clave de sol e un violín impreso en 3D (de rispenshj https://www.thingiverse.com/thing:3364453)


    Pero antes de marchar, Aldara estivo en Radiuvín para responder ás preguntas de Carla, Manuel e Valeria. Podedes escoitar a entrevista que lle fixeron no seguinte podcast.


MOITAS  GRAZAS,  ALDARA, POR  ESTE  CONCERTO  DIDÁCTICO!!

FOI  UN  PRACER  ESCOITARTE!!

FELIZ  DÍA  DA  MÚSICA!!

GALERÍA  DE  IMAXES 


No hay comentarios:

Publicar un comentario