Cada 22 de novembro, con motivo da festividade de Santa Icía, patroa da música, o noso colexio énchese de sons e melodías para celebrar a súa semana máis musical.
Esta iniciativa, que xa se converteu nunha tradición no noso centro, chega este curso á súa décimo cuarta edición e... como xa é habitual, escollemos un novo instrumento para convertelo no protagonista da Semana da Música.
Ao longo destas trece edicións anteriores, pasaron pola nosa biblioteca instrumentos tan variados como o piano, o acordeón, os instrumentos tradicionais galegos, a guitarra, a frauta traveseira, diferenbtes instrumentos de percusión e mesmo a trompeta e outros instrumentos de vento metal.
Nesta ocasión... cambiamos de familia musical! Deixamos atrás o vento para achegarnos aos instrumentos de corda e descubrir un dos seus representantes máis coñecidos e fascinantes: o violín!
Para descubrir os segredos dos instumento protagonista, o alumnado tivo que activar as súas habilidades investigadoras durante toda a semana e conseguir resolver os retos que foron aparecendo na porta da biblioteca que se transformou nun novo espazo de aprendizaxe.
Pero ademais de aprender investigando, o importante na música tamén e desfrutar do son polo que hoxe veu á biblioteca a violinista Aldara Otero para ofrecernos un concerto didáctico sobre o seu instrumento.
E sabíades que aos violíns se lles pode poñer unha sordina de estudo na ponte para que soe moito menos?
Ou que a parte do arco que freta as cordas está feito de pelos de cabalo? E que hai que darlles resina para que soe?
Tamén nos explicou que o violín é o instrumento máis agudo da súa familia pero aínda así pode emitir sons agudos ou graves e para comprobalo fíxonos un xogo no que o alumnado tivo que estar moi atento e non perder detalle das notas que tocaba.
E, por suposto, pudiemos escoitala tocar. Ela escolleu para nós un fragmento da Partita nº 2 de Bach que deixou a todo o alumnado abraidao.
Rematamos a actividade entregando os premios aos nenos e nenas que durante toda a semana se estiveron esforzando para resolver os retos propostos sobre o violín e que o fixeron moi ben!
Eles levaron un pequeno agasallo, un lápiz-clave de sol e un violín impreso en 3D (de rispenshj https://www.thingiverse.com/thing:3364453)
Pero antes de marchar, Aldara estivo en Radiuvín para responder ás preguntas de Carla, Manuel e Valeria. Podedes escoitar a entrevista que lle fixeron no seguinte podcast.
MOITAS GRAZAS, ALDARA, POR ESTE CONCERTO DIDÁCTICO!!
FOI UN PRACER ESCOITARTE!!
FELIZ DÍA DA MÚSICA!!


.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)

.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)

.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)

%20%20(2).jpg)
%20(3).jpg)
%20%20(3).jpg)
%20%20(4).jpg)
%20%20(5).jpg)
%20%20(6).jpg)