miércoles, 9 de febrero de 2022

CIENCIA EN MOVEMENTO

   A través da modalidade CPinclúe (5.2 IGUALA-T) dos Contratos programa achegáronse á nosa biblioteca os científicos de Ciencia en Movemento para realizar o obradoiro MULLERES  INVENTORAS no que falamos de ciencia, inventos e mulleres baixo o lema "prohibido non tocar".

     Con eles coñecemos algúns inventos creados por mulleres pioneiras que conseguiron superar dificultades e facer contribucións moi importantes ao mundo da ciencia, da física, da química, da tecnoloxía... de xeito que a nosa vida diaria non sería a mesma sen elas.


      Por exemplo, sen  Katharine Blodgett  que inventou os  cristais anti reflectantes  e foi a primeira muller en doctorarse en Física na Universidade de Cambridge non poderiamos usar gafas, nin cámaras de fotos, nin telescopios...


 

   Cos seus coñecementos de mecánica e enxeñeiría,  Josephine Cochrane  fixo realidade unha idea que xa estaba patentada por Joel Houghton: o  lavalouzas. Desde 1983 multitude de fogares e de restaurantes teñen este electrodoméstico nas súas casas.

  Nós aproveitamos para coñecer as propiedades do xabón e ver como a suciedade escapa del!

 


    Un obxecto que tamén se utiliza bastante é o "Mistake Out" ou  típex  inventado por  Bette Nesmith Graham, unha mecanógrafa que creou en  1956  unha mestura de auga e pintura branca para corrixir pequenos erros en papel de forma rápida e eficaz. Despois de que a marca IBM rexeitara comercializalo, decidiu vendelo desde a súa propia casa co nome Liquid Paper.

    Grazas a  Melitta Benz  podemos tomar un café sen impurezas xa que esta ama de casa alemana ideou o  filtro de café  para poder tomar unha taciña del sen posos nin outros restos. Ademais fíxoo a partir dunha folla de papel secante dun caderno de exercicios do seu fillo!

  Neste obradoiro utilizamos o filtros de café para experimentar coa cromatografía e ver como dunha pinga de tinta, aparece unha flor.


      Ángela Ruiz Robles  é unha española que foi a  precursora do libro electrónico  xa que inventou unha enciclopedia mecánica coa finalidade de transmitir coñecementos de forma interactiva con bucinas, luces, pulsadores e complementos móbiles para facer máis a aprendizaxe máis participativa e atractiva.

     Amanda Jones  estaba preocupada pola conservación da comida. Despois de facer varias probas, no s. XIX, conseguiu eliminar o aire dunha lata de conservar inventando así o  envasado ao vacío  sen cociñado previo dos alimentos que patentou co nome "O proceso Jones". Ademais fundou unha empresa de envasado e conservas onde todas as directivas, oficiais e empregadas eran mulleres agás un home que era o encargado de acender a caldeira.

    No obradoiro "envasamos ao vacío" unha chuche que quedou esmirradiña de todo.


    Unha muller que inventou algo imprescindible para o mundo automobilístico foi  Mary Anderson  xa que o  limpiaparabrisas  é obra súa e desde 1916 todos os coches incorporan esa especie de brazo mecánico que limpa as gotas da choiva.

    Imaxinádesvos un coche sen limpaparabrisas? Sería imposible conducir baixo a choiva...

 
   Con todos estes experimentos e algúns máis o alumnado puido entender conceptos como a presión atmosférica, comprobar como un billete poder arder sen queimarse e observar como os raios dunha lámpada de plasma seguen os seus movementos.
 
 
 
 






lunes, 7 de febrero de 2022

CIENCIAS NATURAIS CON REALIDADE AUMENTADA

     Este ano na biblioteca estamos comenzando a traballar coa realidade aumentada para enriquecer o proceso de ensinanza aprendizaxe.

   Así o alumnado de 5º de Primaria pudio ver a maxia destas fichas descargadas de QuiverVision.com coas que repasaron as células animais e vexetais.



 


viernes, 4 de febrero de 2022

XORNADA BIBLIOTECA CREATIVA 2021 - 2022

   Esta venres tivo lugar a Xornada de Biblioteca Creativa 2021-22, unha xornada  foi inaugurada por Román Rodríguez, Conselleiro de Cultura, Educación e O. U. e nas que participamos todos os centros que formamos parte do proxecto Biblioteca Creativa.

 

     Nesta xornada aprendemos moito sobre xogos e aprendizaxe basado en xogos, explotamos a nosa creatividade con talleres específicos e ademais a Asesoría de Bibliotecas Escolares contou co noso centro para expor o noso traballo na parte referida a "Dinamización do espazo creativo" onde participamos coa presentación do mesmo nome que podedes consultar a continuación:

  

  Queremos darlle as grazas á Asesoría de Bibliotecas por ternos escollido entre todos os centros que participan, pois esta elección é un orgullo para nós xa que recoñece o traballo que realizamos no eido das alfabetizacións múltiples, da robótica e dos laboratorios creativos de aprendizaxe.

   Para min, como mestra encargada do proxecto, é unha honra representar ao colexio e compartir o noso traballo ante mestres de toda Galicia. Pero tamén quero darlle as grazas a todas as persoas da Comunidade Educativa e fóra dela que colaboran con nós en todos os nosos proxectos.

jueves, 3 de febrero de 2022

COMPRENDO O QUE LEO, APRENDER A ESTUDIAR

    Hoxe tivemos unha nova sesión destes obradoiros organizados pola ANPA do colexio. 

   O alumnado de 1º e 2º traballou exercicios de comprensión lectora mentres que os de 3º, 4º, 5º e 6º reflexionaron sobre a importancia de aspectos que infúen no estudo: autonomía, relación c@s compañeir@s e cos mestres, interese por aprender ou estudar...


 

 


lunes, 31 de enero de 2022

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

    O 30 de xaneiro é o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. 

Un obxectivo que se recolle na Axenda 2030: 16. Paz, xustiza e instituciós sólidas

     Para conmemorar este día no colexio e poñer o noso gran de area na consecución da Axenda 2030, traballanos sobre a figura de Malala Youfsazai que recibiu o Premio Nobel da Paz aos 17 anos converténdose na persoa máis nova de todas as categorías en en recibir este premio.

    Pero antes de comezar, temos moitas preguntas que resolver... 

por que se conmemora este día? e para que se celebra? 

Que é iso dos Premios Nobel? 

Quen é Malala e que fixo para recibir este premio?

    Para coñecer a respostas destas cuestións; podedes escoitar o programa especial de radio elaborado polo alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria:


   Despois de coñecer a historia de Malala e reflexionar sobre a importancia da súa loita, fixemos varias actividades de ilustración xa que tamén conmemoramos o Día da Ilustración: 

   Primeiro,  ilustrar unha liña do tempo plasmando momentos destacados da súa vida.


Segundo, debuxar os nosos propios desexos respondendo á pregunta: Que debuxarias ti se tiveses un lapis máxico?


  Terceiro, elaborar unha exposición con todos os traballos realizados.

     Para rematar, tamén coloreamos uns modelos de "máscaras da paz" para poñer enriba das máscaras que traemos e darlle algo de ledicia a este día.


FELIZ  DÍA  DA  PAZ!!


viernes, 28 de enero de 2022

CLUB DE LECTURA: 6ª sesión

   Nesta sesión comezamos un novo libro: El dulce hogar de Chi  de Konami Kanata. Con esta elección queremos achegarnos ao mundo do manga, un tipo de literatura que lles resulta moi atractivo aos compoñentes do club.


    Comezamos aprendendo a ler manga e para iso, contamos coa colaboración dos alumnos que xa len manga nas súas casas que lles explicaron aos demais como hai que facelo e tamén compartimos este titorial de Wasabi Manga: 7 cosas que debes saber antes de empezar a leer manga.



   O libro elexido pertence á categoría de manga KODOMO que en japonés significa neno e que no ámbito do manga se usa para referirse ao público infantil xa que trata temas adaptados a este público e a familias e tanto o vocabulario como as ilustracións son adecuados para estas idades.

   Chi é a protagonista desta serie que estivo de moda en Xapón e que se converteu nun éxito de ventas mundiais. A historia comeza cando unha familia atopa na rúa un gatiño moi bonito e adorable e deciden recollelo.

   Que aventuras terán que vivir Chi e a súa familia de acollida? 

 Comecemos a ler...