O venres dia 9 de xaneiro, na Biblioteca Pública Municipal, o alcalde Luis Fernández Guitián; entregoulles aos nenos e nenas do centro os premios pola súa participación no Certame de postais de Nadal 2014.
    Neste acto, houbo dous tipos de premios: os premios colectivos
 cos que a biblioteca agasallou aos cursos que participaron no certame e
 os premios individuais para os nenos que ademais do traballo en grupo 
fixeron postais individuais. Podedes consultar os premiados no seguinte 
enlace: http://www.concellodesober.com/amplia.php?id=349

   Recordamos que estas postais foron elaboradas dentro do programa Voz Natura
 con materiais de refugallo aproveitando os cartóns de caixas de 
galletas, cereais... como base para a realización das postais - 
marcapáxinas. 
    A continuación podedes ver algunhas fotos do acto:
 
   
 












 
No hay comentarios:
Publicar un comentario