Para conmemorar o Día da Muller
que se celebra o 8 de marzo;
organiza por segundo ano o Certame
Mulleres de Lemos coa finalidade de dar a coñecer e promover as figuras
femininas relevantes na historia das Terras de Lemos.
O Certame deste ano estará dedicado a María Castaña como líder da revolta
medieval que se produciu en Cereixa (A Pobra de Brollón) para protestar polos
impostos que demandaba a Igrexa aos campesiños.
As actividades que levaremos a cabo serán as seguintes:
- O obradoiro “María Castaña. Unha muller para o 8 de
marzo” nos centros educativos públicos e concertados da nosa comarca. Esta
actividade desenvolverase en colaboración co CIM (Centro de Información á
Muller) de Monforte de Lemos e constará por unha banda, nun traballo de
reflexión sobre a vida das mulleres no século XIV: os roles que tiñan e a falta
de dereitos que padecían simplemente por ser mulleres e, por outra banda, na
elaboración dun libro que plasme en imaxes esta reflexión a través da vida de
María Castaña.
- II
Certame Mulleres de Lemos modalidade Banda Deseñada. Para a poboación de Secundaria e Bacharelato (de 12 a 18
anos) na que os participantes terán que elaborar un traballo artístico e
creativo en branco e negro que plasme a historia de María Castaña (extensión de
2 a 4 páxinas).
No hay comentarios:
Publicar un comentario