María Isabel Nieto Prieto, farmacéutica en Sober, voltou á nosa biblioteca.
Esta vez ofreceulles aos alumnos e alumnas de Educación Infantil unha charla
científica axeitada ao seu nivel de coñecemento sobre produtos naturais de orixe marítimo con actividade
farmacolóxica: "Desde o mar á farmacia"
Durante
este charla divulgativa o alumnado tivo oportunidade de descubrir
moitas datos sobre a investigavión en laboratorios, e a continuación
puideron dialogar, preguntar, aclarar dúbidas...directamente coa nosa ponente.
Tamén puideron levar a cabo unha actividade práctica: elaboración de Sales de baño para
o que tiveron que seguir correctamente as nocións e as medidas
indicadas por María Isabel tanto no proceso de elaboración como no
envasado e etiquetado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario