Para conmemorar o Día da Muller que se celebra o 8 de marzo; unímonos as actividades propostas polo Colectivo Lemos Le do que a nosa biblioteca forma parte.
Este colectivo organiza por segundo ano o Certame Mulleres de Lemos coa finalidade de dar a coñecer e promover as figuras femininas relevantes na historia das Terras de Lemos e está dedicado a María Castaña
como líder da revolta medieval que se produciu en Cereixa (A Pobra de
Brollón) para protestar polos impostos que demandaba a Igrexa aos
campesiños.
Desde a nosa biblioteca participamos no obradoiro “María Castaña. Unha muller para o 8 de marzo” na que nos achegamos á vida e á historia desta muller a través do power point que nos envía o CIM (Centro de Información á Muller de Monforte) e que podes ver facendo click na seguinte imaxe.
Hoxe, fixemos o traballo de reflexión sobre a vida das mulleres no século XIV: os roles que tiñan e
a falta de dereitos que padecían simplemente por ser mulleres.
Despois fixemos uns debuxos sobre a nosa protagonista.
No hay comentarios:
Publicar un comentario