Atar os cordóns é algo moi difícil para os nenos e nenas máis pequenos; por iso cos alumnos da clase de 1º e 2º fixemos unhas zapatillas preciosas para practicar.
   
    Como uns dos valores que traballamos moito no centro a través do Programa Voz Natura son a reciclaxe e reutilización, para facelos debuxamos as zapatillas empregando como soporte cartóns de caixas que o alumnado trouxo da súa casa:
Unha vez que as zapatillas están feitas, temos que aprender a atalas e para iso empregamos unha poesía que nos facilita a aprendizaxe:
COLLE  OS  DOUS  CORDÓNS
UNHA  CRUZ  TES  QUE  FORMAR
PASA  UN  DELES  POLA  COVA
E  DESPOIS  A  ESTIRAR
AGORA  CON  DOUS  LAZOS
OUTRA  CRUZ  TES  QUE  FORMAR
PASA  UN  DELES  POLA  COVA
E  DESPOIS  A  ESTIRAR.
    E tras aprender a retahíla e moito practicar, aquí tedes as zapatillas ben atadiñas:
    Por certo, para atar as zapatillas utilizamos os cordóns que lles repartiron aos nenos na campaña Separemos ben. Reciclaremos mellor; uns cordóns de Mr. Iglú que lles recordan aos nenos a importancia de separar para reciclar.
    No seguinte enlace podes acceder á páxina de Mr. Iglú, onde te esperan unha chea de sorpresas e xogos.



 
No hay comentarios:
Publicar un comentario