Como sempre dicimos, a lectura, os contos e a biblioteca están presentes en todos os ámbitos da vida e sobre todo, da vida escolar.
   Hoxe podemos comprobalo cos obradoiros CARTAS DE AMOR impartidos por Dona Gloria Isabel Serrato Azat e promovidos pola Secretaría Xeral de Igualdade a través do Concello de Sober.
    Nestes obradoiros traballouse na educación pola igualdade efectiva entre homes e mulleres realizanto actividades co alumnado que lles fixeron reflexionar sobre os roles de cada quen: oficios, xogos, ditos...
    Para os nenos e nenas de educación Infantil, o punto de partida foi o conto "A princesa diferente"
   
 Hai non moito tempo, e nun lugar non tan afastado, vivía unha princesa 
que se chamaba Alba Aurora, a cal tiña unha fermosa cabeleira negra a 
media melena, o suficientemente longa como para que non se lle enredase 
nas ramas das árbores ás que lle gustaba subir polas mañás para ver o 
amencer antes que ninguén.
   
 Alba Aurora era moi delicada e amable; pero tamén moi áxil e deportista
 e encantáballe ir a escalar todos os sábados montañas ou ir a acampar 
na praia.
    Un día escoitou un ruído na súa ventá. 
    - Quen será? -  preguntouse. 
    Era nada máis nin nada menos que o Príncipe Azul que viña a rescatala; segundo lle explicou.
    - Pero a rescatarme de que? - preguntou Alba Aurora
    - Non sei - dixo algo desorientado o Príncipe Azul - quizais dun bruxo malvado ou dun dragón malhumorado ou dun ogro enorme?
   
 - Pero se non coñezo ningún bruxo malvado, ningún ogro enorme e, peor 
aínda, ningún dragón malhumorado! Ademais se así fose, seguro que xa 
houbese encontrado eu mesma a forma de liberarme" - dixo Ala Aurora.
   
 O Príncipe moi triste ao decatarse de que non tiña que facer nada, 
dispúxose a baixar pola ventá por onde subira pero Alba Aurora 
preguntou:
    - Coñeces a muralla chinesa?
    - A muralla chinesa? Pois non! - exclamou o Príncipe.
  
 E nin ben rematou de dicir que non, ela colleuno do brazo, baixaron 
xuntos pola ventá, subiron na moto e fóronse xuntos a coñecela.  Así foi
 como a princesa diferente e o Príncipe Azulforon a percorrer o mundo e 
se fixeron amigos.
   E colorín colorado, este conto ten comezado...
(Educando en Igualdade. Guía para Educación Infantil
Realizado por FETE - UGT en colaboración co Instituto da Muller e o Ministerio de Igualdade)
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario