A través do Consorcio Editorial Galego, hoxe estivo con nós a contacontos María da Pontragha, unha educadora moi vinculada á 
tradición oral tanto a través da música como da palabra, que veu ao noso 
cole a deleitarnos con varios contos.
    Foron historias cheas de humor e a verdade é que os nenos e nenas estiveron 
atentísimos e que os contos lles encantaron!
    Ata foi quen de resucitar ao noso compañeiro que tras recibir "unha soa pinga de xarope, nin dúas, nin tres nin media...unha soa pinga!!" voltou á vida!
 Moitas grazas María!


 
No hay comentarios:
Publicar un comentario