Con esta comparsa adicada á radio, quixemos dar a coñecer a toda a xente de Sober que o noso cole conta cunha emisora de radio a través do proxecto Radio na Biblio.
Para iso, todo o alumnado do centro e o do PAI fixemos difraces relacionados con Radiuvín.
Os nenos e nenas do PAI e o alumnado de Infantil foron os nosos reporteirose para iso fixeron pases de prensa e micrófonos reutilizando envases de iogures bebibles e tubos de cartón.
Todo reporteiro necesita un micrófono para facer oír a súa voz. Neste caso, os micrófonos foron os nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria.
Para escoitar o que os reporteiros e xornalistas nos queren transmitir, tamén se necesitan aparellos de radio. O alumnado de 5º e 6º de Primaria, fixo un traballo de investigación sobre a evolución destes aparellos e disfrazáronse de radios de todos os tempos.
E como o fin último da radio é chegar a alguén, necesitabamos ouvintes. Os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria, aos que lle fai moita ilusión que os seus avós e avoas os poidan escoitar a través das ondas, caracterizáronse de velliños e velliñas cos seus transistores que fixeron reutilizando caixas de cartóns.
Cos nosos disfraces fixemos un desfile no que o alcalde regaloulles aos nenos unhas bolsas de chuches. Podedse ver todas as imaxes do desfile no seguinte enlace:
GALERÍA DE IMAXES
Ademais durante toda a xornada os alumnos que aínda non o fixeran, foron pasando polo estudio de radio para achegarse a esta nova experiencia en primeira persoa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario