Este proxecto no que se conectan Biblioteca,
Radio, Igualdade de Muller e Deportes nun só programa, ten calado e difusión mundial a través da páxina da Unesco. Podedes acceder ao evento para o noso centro desde esta ligazón.
A idea proposta era facer visible os éxitos de moitas mulleres deportistas, que non teñen tanta presenza na radio, a través das voces das novas locutoras dos nosos centros. Elas déronlle voz a:
Katie Ledeky (Nadadora),
Chus Lago (Alpinista),
Ellen MacArthur
(Navegante),
Nawal El Moutawakel (Corredora),
Lisa Leslie
(Baloncestista),
Dawn Frase (Nadadora),
Carolina Marín (Badminton)
Billie Jean King (Tenista),
Lydia Valentín (Halterofilia),
Charlotte
Cooper (Tenista),
Ronda Rousey (Artes marciais),
Verónica Boquete
(Futbolista),
Leanda Cave (Triatleta)
e Nadia Comaneci (Ximnasta) na voz da nosa Uxía .
Colaboramos con Rede ESPORA neste podcast as seguintes radios escolares:
A Caracola Radio do CEIP San Benito de Lérez,
Radio Escolar Mosteiro Meis do CPI Mosteiro Meis,
A radio do IES A Xunqueira I, Radio Viñas,
a radio das nenas e dos nenos de CEIP As Viñas,
A voz de Arnaldo de CEIP de Seixo,
Radio Coviña do CEIP As Covas,
as radios escolares do IES Porto do Son,
do CPI Manuel Suárez Marquier,
do CEIP Milladoiro, do CEIP Víctor Saenz,
do CEIP Ricardo Tobío,
do CPI Cabo de Area
Radio Faladoiro do CEIP Torre-Cela
e a nosa, Radiuvín .
No hay comentarios:
Publicar un comentario