viernes, 23 de febrero de 2018

DÍA DE ROSALÍA - 2018

   O 24 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía xa que é a data do seu nacemento.
 
    Desde o centro fixemos dúas actividades; por unha banda, participamos no concurso de recitado poético "Rosalía sempre viva" convocado pola Casa-Museo Manuel María para alumnado de ensino non universitario.
 
   A fase de centros deste concurso celebrouse durante toda a semana, de xeito que todo o alumnado de primaria recitou poemas de Rosalía na biblioteca.  En breve, coñeceremos os nomes dos alumnos e alumnas que representarán ao noso centro na fase Final que se celebrará en Outeiro de Rei o sábado 10 de marzo.

   Tamén nos sumamos á proposta da AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega) que ten como lema #AbrideAFiestra. Dentro de esta actividade, cada alumno fixo un debuxo sobre o poema de Rosalía que recitou para pendurar das fiestras e darlle visibilidade a súa  obra.  Ademais das fiestras do cole, algúns alumnos e alumnas colgaron os debuxos tamén nas fiestras das súas casas abrindo a obra da autora a un mundo e un tempo novo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario