martes, 3 de abril de 2018

@s nen@s de infantil tamén contan

    O Día do Libro Infantil celébrase o 2 de abril por ser a data de nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen.

   Na nosa biblioteca tivemos a lectura dramatizada de Cocorico, de María Luisa Núñez Álvarez (OQO Editora) que é a adaptación libre dun conto tradicional birmano co que aprendemos a compartir e a cumprir as promesas.
    Pero esta lectura tivo un matiz especial xa que os narradores non foron os biblioaxudantes, nin as familias, nin alumnos de primaria senón os nenos e nenas da clase de 5 anos: Carlota, Germán, Diego e Javier.
     Foi unha experiencia estupenda ver como eles eran capaces de ler ante todo o alumnado do colexio.
NORABOA  PEQUENIÑOS,
FIXÉSTELO  MOI  BEN!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario