miércoles, 4 de abril de 2018

RADIO NA BIBLIO: FORMACIÓN ALUMNADO

    Hoxe tivemos no centro a segunda sesión de formación do proxecto Radio na Biblio a cargo dun representante de Rede espora para o alumnado de 3º a 6º de primaria.

    O primeiro foi tomar conciencia da importancia da locución: entoación, pausas, expresión de emocións, traballo coa voz... e a continuación facer varios exercicios para tratar de poñer en práctica o aprendido.

   Despois propuxéronselle tres retos ao alumnado para elaborar os guións correspondentes a tres programas de radio diferentes: un programa de recomendacións lectoras a través dunha entrevista a outro compañeiro, unha lectura dramatizada a que engadimos sons e música libres  e outro programa sobre o noso concello para o que debían investigar na rede toda a información necesaria.

    Tamén, os nosos alumnos e alumnas aprenderon a utilizar o programa de gravación e a mesa de mezclas para gravar eles mesmos os programas anteriores.

    Por último, o alumnado participante na formación recibiu un diploma acreditativo da mesma e o carnet que os acredita como técnicos de radio.


No hay comentarios:

Publicar un comentario