O día 23
de abril, celébrase o Día Mundial do
Libro e dos Dereitos de Autor dende que a Conferencia Xeral da UNESCO,
celebrada en París en 1995, aprobou esta data co obxectivo de “fomentar a
lectura, a industria editorial e a protección da propiedade intelectual por
medio dos dereitos de autor”
Escolleuse
este día xa que é a data na que faleceron autores como Cervantes, Shakespeare
ou Inca Garcilaso de la Vega.
Cada
ano, desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a
través da Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia fannos chegar un díptico
conmemorativo cun texto agasallado por un galego ou unha galega relacionada co
mundo dos libros e das bibliotecas.
Este ano o texto é de Fran Alonso, escritor, editor
e periodista; que facendo uso da ironía explícanos algúns dos efectos da lectura.
No seguinte podcast, podedes escoitar a Pablo, Brais, Adrián, Xoán e Valentina no programa radiofónico adicado a este día.
No hay comentarios:
Publicar un comentario