jueves, 24 de mayo de 2018

CONTOS RECICLADOS

   Anxo Moure estivo hoxe na biblioteca para realizar o taller Contos reciclados.  Unha actividade na que utilizamos as novas negativas que o alumnado buscara nos xornais para obter corazóns de papel seguindo a receita proposta.

INGREDIENTES:
Auga, novas negativas dos xornais e respecto pola natureza.

MODO  DE  PREPARACIÓN:
1) Metemos auga nun recipiente, rompemos as novas negativas en pequenos trozos de papel que poñemos en remollo coa auga e pasamos a mestura resultante pola batedora para obter pasta de papel.
2) Vertemos a pasta de papel nun molde con forma de corazón e quitamos a auga sobrante. Esta auga poderemos aproveitala para peitear a un compañeiro.
  3)  Á pasta escurrida, dámoslle a volta nunha camiseta como a unha tortilla e esperamos que endureza.
 4) Cando o corazón está seco, podemos aproveitalo para facer unha declaración de amor.

    Ademais desta receita puidemos escoitar máis historias para aprender a amar a natureza e os bosques da man do seu autor.
   E coñecemos a maior arma de repoboación masiva: o _______________________
  Antes de marchar o escritor, contacontos e ecopacifista chantadino tivo tempo de dedicarnos algún dos seus libros que temos na biblioteca e pasar por Radiuvín.



Para ver todas as imaxes da actividade podes ir á GALERÍA  DE  IMAXES

No hay comentarios:

Publicar un comentario