A hixiene e a saúde bucodental é algo imprescindible para o noso alumnado; por iso, nos pareceu unha boa idea a que nos propuxo a madriña de Lucía: vir a falarlles aos nenos sobre o seu traballo na Clínica Dental Marga e a importancia do cepillado para conciencialos sobre este tema.
Co alumnado de infantil, Sonia Díaz e Marga González fixeron fincapé na importancia do cepillado e déronlles técnicas apropiadas a súa idade que seguro que xa non se lles olvidan pero, por se algún se despista, poden escoitar de novo a canción que lles ensinaron.
Para rematar a actividade, Marga e Sonia repartíronlles uns agasallos e fixeron un sorteo duns lotes de produtos de hixiene dental.
Tamén entregamos uns chaveiros con forma de moa impresos na 3D (deseño de VitaliyT descargado de thingiverse) así cada vez que os nosos alumnos/as os vexan recordarán o que falamos hoxe.
Antes de marchar, as nosas invitadas pasaron por Radiuvín para deixar constancia de todos os consellos que nos deron e falarnos da súa experiencia.
MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario