Todos os anos, o alumnado do noso colexio participa no Certame de Postais e
 Poesía que convoca a Biblioteca Pública Municipal polo Nadal. 
   Por iso, 
as postais dos nosos alumnos e alumnas están expostas no Centro Sociocultural de Sober durante as vacacións .
    A entrega de premios deste certame comezou coa actuación do grupo local O
 Trícole que nos agasallou con diferentes panxoliñas e Cantos de Reis tanto propios como recollidos na nosa zona ou doutras culturas.
   Despois o alcalde entregou os premios dos que o colexio recibiu 
un premio á participación, consistente nun diploma e un lote de libros para a
 nosa biblioteca. Recolleron o premio algúns alumnos do centro que 
estaban presentes neste acto.
    O acto foi publicado en varios xornais o día 3/01/2019:
|  | 
| El Progreso, 3/01/2019 | 
|  | 
| La Voz de Galicia, 3/01/2019 | 
| Diario de Lemos, 3/01/2019 | 






 
No hay comentarios:
Publicar un comentario