Na actividade As familias contan de hoxe, acompañounos por primeira vez este curso un avó: Luis Miguel González Fernández, avó de Darío de 2º de Primaria. 
    Luis Miguel leunos o primeiro capítulo do libro Los cinco viven una nueva aventura de Enid Blyton. Neste capítulo enterámonos de que os irmáns Ana, Dick e Julián terán que pasar as vacacións de Nadal cos seus tíos e a súa prima Jorge. 
Pero... agora... que pasará na granxa Kirrin?? 
   Pois se o queredes saber, podedes 
ler o resto da aventura no libro que nos deixaron de agasallo para a 
biblioteca.
   Ademais Darío e o seu avó pasaron por Radiuvín para falarnos sobre este libro e outros que Luis Miguel lía cando era pequeno: sabedes quen era El capitán Trueno? E Mortadelo? Pois escoitade atentos.
MOITAS  GRAZAS  POR  ACOMPAÑARNOS  ESTE  RATIÑO  NA  BIBLIOTECA!! 






 
No hay comentarios:
Publicar un comentario