Cando estiveron de visita dos nenos de Infantil do CEIP A Gándara de Monforte de Lemos, deixáronnos en préstamo o libro Monstro Rosa de Olga de Dios e a mascota da súa aula que é, precisamente, este monstro rosa.
Este libro conta a historia dun mostro rosa que vive nun mundo onde toooooodo é branco.
O noso monstro é diferente desde que era un ovo: é moi grande, redondo, rosa, positivo e alegre e, aínda que intenta adaptarse aos demais e ao mundo no que naceu, chega un momento no que decide emprender viaxe buscando un lugar no que sentirse mellor.
Por sorte, acaba encontrando un lugar cheo de cores, onde todos son de formas diferentes e fará novos amigos máis parecidos a el.
Hoxe fomos a devolverlles a visita, e quixemos facer un traballo con este libro que lles puideramos levar de agasallo. Comezamos facendo papel reciclado que, por suposto, tinguimos de rosa para o noso monstro.
Despois os alumnos pasaron polos estudos de Radiuvín para poñer voz a esta historia e polo croma para formar parte das páxinas do conto.
E ASÍ FIXERON ESTE MARABILLOSO VÍDEO
QUE PODEDES VER DÁNDOLLE AO PLAY!!
QUE PODEDES VER DÁNDOLLE AO PLAY!!
E con estos agasallos preparados, fómonos de excursión ao seu colexio para pasar unha xornada de convivencia na que eles nos tiñan preparado un obradoio de xabón.
Por suposto, tamén houbo tempo para xogar e como non, para compartir mesa e mantel!!
MOITAS GRAZAS POR ACOLLERNOS NO VOSO COLEXIO!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario