Como sabedes, a nosa alumna Mara López Rivera foi a gañadora do concurso SELFIE LIX na categoría de Lectores avanzados cun selfie que ilustraba un anaco do libro O soño do merlo blanco de Agustín Fernández Paz.
Foto GÁLIX |
Para recoller o premio convocado pola OEPLI a través de GÁLIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), achegáronse ao Centro Sociocultural Aurelio Aguire de Conxo ela coa súa familia e a responsable da nosa biblioteca.
O presindente de GÁLIX (X. A. Perozo), o Director Xeral de Políticas Culturais (Anxo M. Lourenzo) e o alcalde de Santiago (Mariño Noriega) foron os encargados de entregar os premios aos rapaces premiados e aos representantes de bibliotecas.
Foto GÁLIX |
A responsable da nosa biblioteca, Flora Grande, foi a encargada de pechar o acto en nome das bibliotecas premiadas, xunto co alcalde de Santiago e o grupo de pandereteiras do Centro Sociocultural.
Desta entrega de premios trouxemos tamén diplomas para o resto do alumnado participante e un lote de libros que pasará a formar parte dos fondos da biblioteca.
PARABÉNS MARA!!
E PARABÉNS PARA TODOS OS PARTICIPANTES!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario