Cada ano desde a biblioteca do colexio participamos no Certame Mulleres de Lemos proposto polo Colectivo Lemos Le.
Neste certame, a través do CIM de Monforte de Lemos, ilustramos entre dezaoito centros da comarca de Lemos a biografía dunha figura feminina da comarca elixida como protagonista dos actos do Día da Muller.
A elixida este ano foi Inés Fernández, abadesa do Concello de Pantón da época medieval que chegou a enforntarse ás leis ditadas polos Reis Católicos.
O texto que nos tocou ilustrar a nós é o que se refire á parte da súa vida na que ela estando en Santiago de Compostela recibe a carta do Papa que lle da a razón nas súas peticións e a autoriza a volver ao convento de Eire:
" Pasou uns meses en Compostela ata que un día, por fin, chegou a carta que lle daba a liberdade para volver. A única condición era que non podían entrar novas monxas no mosteiro e co seu tránsito, anterior ao seu falecemento, o convento pecharía. Ela aceptou"
Para facer a ilustración o alumnado de 5º e 6º de Primaria tomou como referencia unha fotografía da fachada da Catedral da Praza das Praterías da páxina web Turismo de Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario